Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Son emprendedor: que aspectos legais non debo esquecer?

by | Nov 1, 2016 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Blog márketing, Comunicación, Márketing, Social media | 0 comments

Se te vas embarcar no proceloso mundo legal do emprendedor, antes de que comezar a aventura debes ter en conta moitas cousas que poden parecer obvias. Cremos que temos todo controlado. Seguro? Imos velo…

Como empresarios, comerciantes ou profesionais imos dirixirnos a un sector vulnerable, o do consumidor, e pretendemos non conculcar os seus dereitos. Hai que ter en conta ademais, que ti mesmo cando saes do teu negocio te convertes nun consumidor.

Para comezar, a relación entre as marcas e os clientes é cada vez máis próxima, grazas ás redes sociais: Facebook, WhatsApp, Twitter, Instagram, etc. Tivemos que cambiar a estratexia, os clientes e consumidores buscan mensaxes máis directas e claras, de ti a ti. Pero hai cousas que non só non cambiaron, senón que se ven aínda máis reforzadas. Antes de que a administración tome cartas no asunto ou os teus mesmos clientes monten unha crise nas redes sociais que che afunda na miseria virtual absoluta, considera o seguinte:

Garante o teu produto, protexe ao consumidor

Estás protexendo o ben máis prezado, é o teu medio de vida. Garante os teus produtos, actividades ou servizos. Que o que ofrezas non comporte ningún risco para a saúde e a súa seguridade.

A publicidade é un contacto

Axústate á verdade: as promocións, características, calidade e publicidade dos teus produtos deben ser fidedignas. O consumidor/cliente ten dereito á protección dos seus lexítimos intereses económicos. Así se establece un equilibrio entre ambas partes.

A publicidade falsa ou enganosa é unha fraude, como tal obxecto de sanción… e comezamos mal.

Rexistra a túa marca

Consulta se a túa marca está rexistrada e rexístraa. Á vez, podes facer un estudo de cantas marcas hai similares á túa idea e coas que poderías ter un problema no futuro. Así mesmo, ten en conta para o medio/longo prazo o mercado onde vas operar.

Presta atención aos contactos

Asegúrate de que os contratos cos teus provedores de produtos e/ou servizos cumpren con todas as obrigas e dereitos que o teu negocio necesita, de que sucedería no caso de incumprimento pola túa parte e/ou a deles e que consecuencias habería.

https://www.vincusys.gal/blog/vendo-produtos-ou-servizos-que-leis-de-consumo-teno-que-cumprir/

Ollo cos datos, cumpre coa LOPD

Xa sexa na túa web, formularios, etc., onde recollas datos dos teus clientes/usuarios, debes ter moi presente a LOPD e informar de que, efectivamente, cumpres con ela. O mundo legal do emprendedor é bastante amplo. Prepárate para a posibilidade de que soliciten información sobre o tratamento que lle dás aos datos (dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición), porque se te denuncian ante a AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) as consecuencias económicas poden ser graves se obvias este detalle.

Non copies contidos

Ten en conta a lexislación en materia de propiedade intelectual, xa sexa de particulares ou non, revisa as túas fontes e coida os teus contidos, se non nolos cederon expresamente podemos incorrer nunha infracción da normativa de dereitos de autor e as súas licencias Creative Commons (licencias ou permisos que asigna ás súas creacións o autor para as relacións con usuarios, lectores ou seguidores que non substitúen aos dereitos de autor, compleméntanos).

Coidado coas imaxes

Se subes imaxes doutros para publicitarte ou presentar os teus servizos busca a súa autorización para non infrinxir tanto a normativa de protección de datos como a do Dereito á Honra e a Imaxe, coa conseguinte reclamación por danos e prexuízos. Sempre podes apostar por empregar fotografías con licencia Creative Commons e seguir as peticións do seu propietario.

Mima a túa web

Xa o dixo Bill Gates: «se non estás na Internet non existes»… e moi pronto non vas poder vender.

https://www.vincusys.gal/blog/como-coidar-a-tua-paxina-web/

Os consumidores compran cada vez máis por Internet ou consultan prezo/produto e as previsións apuntan que nos próximos anos aumentarán aínda máis as compras on line.

Internet e os buscadores son as novas páxinas amarelas, polo tanto, tes que posicionarte.

Internet e os buscadores son as novas páxinas amarelas e, polo tanto, tes que posicionarte. Xa sexa web, tenda on line ou aplicación móbil ten coidado, asegúrate de que os contidos son adecuados ao que vendes (o copia e pega, aparte de ser un plaxio e de mal gusto, pode incluír información dos teus competidores sen decatarte).

https://www.vincusys.gal/blog/e-un-bo-momento-para-montar-unha-tenda-on-line/

Non obvies os dereitos do consumidor

As leis de consumo son claras. É importante telas moi en conta para non ser sancionado e para fidelizar e incrementar clientes no futuro. Se queres coñecelas máis en profundidade, recomendámosche que leas o noso artigo «Vendo produtos ou servizos: que leis teño que cumprir?».

Se queres ampliar información ou facernos calquera consulta, diríxete á nosa axencia de márketing en Santiago de Compostela. Podes contactar connosco aquí.

Foto de portada: TilarX

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles