Blog

¡Acomódate!, es tiempo de lectura.

Claves para que a relación cos teus clientes sexa longa e frutífera

by | Abr 9, 2020 | Axencia de comunicación, Axencia de márketing, Axencia de publicidade, Blog comunicación, Márketing, Vendas | 0 comments

Hoxe queremos falar dun dos piares da estabilidade económica na túa empresa: a relación cos teus clientes. Ter a capacidade de conseguir un equilibrio entre profesionalidade e proximidade non é sinxelo, pero imos analizar as cuestións que, na nosa opinión, son claves.

Máis alá da atención ao cliente, un tema que preocupa en gran medida ás empresas -especialmente dende o auxe que tiveron as opinións en distintas redes sociais, que poden axudar moito ou afundir un negocio-, é a relación cos clientes. Sobre isto falamos en distintas ocasións no noso blog. Pode que che interese ler este artigo:

https://www.vincusys.gal/blog/a-importancia-dun-bo-servizo-de-atencion-ao-cliente/

E se che preocupan os erros que se adoitan cometer ao tratar coas persoas que mercan ou consumen os teus produtos ou servizos, recomendámosche que leas este outro:

https://www.vincusys.gal/blog/os-erros-mais-frecuentes-en-atencion-ao-cliente/

Cando falamos de relación cos teus clientes, falamos non só de que a atención que lles ofrezas sexa boa, eficiente e satisfactoria, senón de que pases de nivel e chegues a ser unha persoa (empresa) de confianza, imprescindible, que eles se convertan en promotores da túa marca recomendando aos seus coñecidos que confíen en ti, da mesma maneira que eles o fan.

Hai unha serie de piares básicos nos que se debe basear a relación cos teus clientes para que sexa saudable e duradeira:

Respecto mutuo

Parece obvio, pero especialmente en momentos de tensión, estrés ou con tempos de entrega axustados, é sinxelo esquecer que se trata dunha relación comercial e que a educación é o último que se debe perder.

Capacidade de escoita

Bilateral, por ambas partes, pero especialmente pola túa. Escoita ao teu cliente, busca o xeito de atender as súas peticións e solucionar aqueles retos ou puntos de discordancia que poida haber.

Empatía

Poñerse na pel dos demais é a mellor maneira de entender a súa situación e chegar a unha solución útil e satisfactoria para ámbalas partes. É un exercicio complicado ás veces pero profundamente útil.

Seriedade

O que se di, cúmprese. A nivel de tempos, prezos, condicións… e non só porque están firmadas, senón porque a credibilidade e a confianza son custosas de alcanzar e moi fáciles de rachar. Fixa só metas, prazos e servizos que poidas cumprir e sempre cuns niveis de calidade altos.

Constancia

Preocúpate e amósate próximo aos teus clientes con frecuencia. Non vale un agasallo por Nadal se o resto do ano apenas reciben unha chamada, WhatsApp ou e-mail. Teñen que sentirte preto e dispoñible para cubrir as súas necesidades.

Seguimento

Tan importante como ofrecer un bo servizo é facer un seguimento de que todas as fases do proceso foron ben. Ter unha canle de comunicación fluída co cliente axudarache a saber en que deberías mellorar e cales son os teus puntos fortes e febles. Deste xeito poderás ofrecer un servizo competitivo e non levar sorpresas negativas.

Ambiente distendido

Non sempre o máis útil é un e-mail ou WhatsApp, en ocasións é importante estar preto, aínda que sexa a través dunha chamada de teléfono. Tamén é unha opción a ter en conta que non todas as reunións sexan exclusivamente no ámbito da túa ou da súa oficina. Non se trata de facer amigos pero si de ter un trato cordial.

Todo isto implica e precisa dunha elevada atención ao detalle. Ter unha base de datos na que apuntes determinados datos de interese para manter unha boa relación cos teus clientes, especialmente se tes moitos, pode ser moi útil.

Se tes algunha dúbida ou queres consultar calquera cousa ao equipo da nosa axencia de márketing en Galicia, podes contactar premendo aquí.

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Consulta las ayudas y subvenciones disponibles