O pasado 4 de maio, a Xunta de Galicia publicou novas subvencións para a implantación e o impulso da estratexia de dixitalización e modernización do sector comercial e artesanal.
Noticias
8 razóns polas que confiar nunha axencia de márketing
De acordo co “Estudio eCommerce 2020” publicado por IAB Spain, o 72% da poboación española comprou on line en 2020. Isto disparou o comercio on line e provocou que o 93% dos compradores busquen información on line antes de realizar unha compra tanto on line como off line.
10 anos como axencia de márketing en Galicia pedíannos un rebranding!
Este 2021 cumprimos 10 anos como axencia de márketing en Galicia, moi agradecidos ás empresas que confiastes en nós dende Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e o resto da nosa marabillosa comunidade autónoma, mais tamén dende Madrid, Barcelona e o País Vasco, onde contamos tamén co cariño duns cantos.
7 utilidades dos anuncios de Facebook
A primeira plataforma de anuncios que tivo Facebook, antes de denominarse Facebook Ads, chamábase “Flyers”. Naceu no ano 2004 e consistía nun banner situado na páxina principal que custaba entre 10 e 40 dólares por día.
Por que é clave o deseño web?
Moitos negocios seguen tendo dúbidas sobre se crer ou non no deseño web para as súas marcas. Internet converteuse na nosa principal fonte de información, por iso a presenza das marcas nela é tan importante.
A importancia do deseño gráfico nas empresas
O emprego ou non do deseño gráfico tanto en pequenas como en medianas empresas non é unha cuestión de elección, senón unha esixencia do mercado. Se...
Vantaxes e inconvenientes de WhatsApp Business
Cada vez máis negocios fan uso das ferramentas que ofrecen as distintas redes sociais para conectar cos seus clientes dunha forma directa e personalizada. WhatsApp Business é unha nova liña de comunicación directa que poden empregar os clientes e as empresas para comunicarse dunha forma sinxela e efectiva. Permite automatizar, organizar e responder dun xeito rápido ás mensaxes.
As nosas impresións sobre WhatsApp para negocios
Hai uns días chegaba a Google play unha das apps máis esperadas polas empresas e os autónomos. Falamos de WhatsApp para negocios ou WhatsApp Business. Nun principio, só está dispoñible para a versión de Android, pero non tardará moito en chegar á App Store. Esta nova aplicación non nos abre un novo mundo porque a maioría dos negocios xa usábamos a versión clásica deste servizo de mensaxería para comunicarnos cos nosos clientes, pero si que nos ofrece certas novidades que temos que mencionar. Estes días estivemos testándoa e queremos compartir as nosas impresións sobre WhatsApp para negocios con vós.
Principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018
Damos a benvida ao 2018, un ano que virá con grandes novidades e no que os que nos dedicamos ao márketing dixital teremos que seguir actualizándonos. Repasaremos as principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018. A tecnoloxía e os usuarios seguirán sendo protagonistas este ano.
Como coidar a túa páxina web?
A estas alturas xa ninguén dubida da importancia que ten para a túa empresa coidar a túa páxina web. Vivimos nunha sociedade na que estamos permanentemente conectados, xa sexa a través dun ordenador na casa ou o noso fiel smartphone que levamos sempre connosco. Cando queremos buscar información, onde o facemos? Pois na web. Entón as empresas deben estar aí se queren que se lles coñeza e queren conseguir novos clientes.
Conceptos clave para a analítica web
Moitas veces non conseguimos poñernos de acordo na definiciión das diferentes métricas que se empregan en analítica web. Para resover esta situación, deixámosvos este pequeno glosario para poñervos ao día.
É importante analizar a nosa páxina web?
Moita xente pensa que o importante é ter unha páxina web porque se non a tés non es ninguén en Internet. Isto non é así, non podemos perder o rumbo.
A situación do e-commerce, é xa unha realidade para as PEMES?
O e-commerce ou comercio electrónico instalouse nas nosas vidas e non parou de medrar. Xa son moitas as PEMES que ven na canle on line a oportunidade de aumentar as súas vendas ou simplemente sobrevivir. Falaremos sobre a situación do e-commerce e os seus usuarios.
O traballo dun profesional ten un prezo: #EuNonRegaloOMeuTraballo
Non podemos estar máis en contra da explotación laboral, sexa a asalariados, autónomos ou traballadores que, por circunstancias persoais, non poden non aceptar un traballo en negro, eses que sofren a explotación máis lamentable e denigrante. Dende que comezou a crise os niveis de abusos deste tipo viñeron medrando ata límetes insospeitados.
Cando descansa un community manager?
Parecer ser que nunca. Un community manager caracterízase por estar conectado a múltiples dispositivos e ás distintas redes sociais 24 horas ao día, 7 días á semana. E se aínda por riba é autónomo, peor. Os autónomos de por si tenden a mesturar traballo e ocio, buscar traballo en horas de ocio e empregar as que deberían ser de ocio para networking, xeración de sinerxias ou, directamente, buscar clientes
Mentiras sobre e-commerce: teño unha tenda on line, por que non consigo vender?
Esta é unha das eternas preguntas ás que se enfrontan as empresas que deciden crear unha tenda on line e apostar pola venda dos seus produtos a través de Internet. Pero os erros que se cometen tenden a ser iguais ou semellantes e algúns deles fáciles de solventar. Basta con traballar como unha formiga -inagotable e a diario- para que os resultados se vexan a medio prazo.
Como relaxarse no traballo
Os expertos din que é bo parar cada dúas horas durante a xornada laboral. Propoñémosvos unha visita pola cunca do Amazonas... da man de Google...