Noticias

Publicidade
Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?

Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?

Hoxe queremos facer unha reflexión sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio. A aparición e normalización destas plataformas a nivel internacional e de forma intersectorial trouxo múltiples vantaxes, pero tamén dificultades e inconvenientes. Non sempre os recursos tanto a nivel de tempo como de diñeiro son os óptimos para un negocio que non ten un gran tamaño, por iso hai que valorar os pros e os contras e ter sempre en conta ata onde se pode chegar. É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.

Estratexias de márketing para o Black Friday

Estratexias de márketing para o Black Friday

Os descontos en produtos son un claro beneficio para o comprador, pero tamén o son para a empresa. Etapas de rebaixas coma o Black Friday serven ó teu negocio para que novos clientes aposten por el. Por isto, un debe preparar ben todo o necesario para sacarlle o máximo proveito a este día. Neste artigo axudámosche con algunhas estratexias de márketing para o Black Friday deste 2021.

Celebramos o Día das Redes Sociais

Celebramos o Día das Redes Sociais

O 30 de xuño celébrase o Día das Redes Sociais. Este día comezou a festexarse no ano 2010 da man de Peter Cashmore, quen creou unha iniciativa no portal de noticias e tecnoloxía Mashable, do cal é fundador. O obxectivo desta data é recoñecer o labor destes medios de comunicación, que permiten a millóns de persoas estar informadas e conectadas tanto cos seus coma co resto do mundo.

O básico en publicidade para empresas

O básico en publicidade para empresas

A pregunta do millón: Que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factores, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.

Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?

Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?

O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.

Vantaxes do storytelling para a túa empresa

Vantaxes do storytelling para a túa empresa

Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.

Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?

Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?

Non é tarefa sinxela escoller a axencia de márketing á que encomendar algo tan importante como a comunicación, a imaxe corporativa e a reputación on e off line dunha empresa. Para comezar á maioría de empresarios se lles escapan as dificultades da comunicación, a publicidade dixital e o novo márketing, especialmente cando se trata de deseñar unha campaña on line.

Vendo produtos ou servizos: que leis de consumo teño que cumprir?

Vendo produtos ou servizos: que leis de consumo teño que cumprir?

Decides montar un negocio pola túa conta, ser emprendedor en tempo de crise e atópaste con que non sabes nin por onde comezar en materia legal. Non te preocupes, imos axudarche coas leis de consumo que debes cumprir. A continuación compartimos contigo unhas pinceladas básicas para que nunca olvides ao consumidor, ese en que te convertes cando sales do teu propio negocio e ao que debes mimar porque é o que che vai dar de comer.

Como evitar que unha crise on line prexudique á reputación da túa marca

Como evitar que unha crise on line prexudique á reputación da túa marca

Tiveches que afrontar algunha crítica dun dos usuarios da comuniidades que xestionas? Os trolls saen das súas mazmorras para publicar nas túas páxinas? Tanto se respondeches cun si a ambas preguntas como se a resposta é non pero temes que algo así poida sucederche, le con atención este artigo. Nel intentaremos axudarche para que este tipo de situacións non sexan parte do teu día a día na rede. Así poderás prever e resolver as posibles crises on line.