As redes sociais convertéronse nunha das canles máis importantes para a comunicación directa entre as empresas e os seus clientes. Hoxe, ter presenza dixital non só é unha estratexia recomendada para as marcas, senón tamén unha necesidade.
Noticias
A importancia da figura do communnity manager no teu negocio
Vivimos nun mundo completamente dixitalizado, onde as redes sociais xogan un papel fundamental nas nosas vidas persoais e profesionais. Do mesmo xeito, o márketing integrouse profundamente na nosa rutina diaria, e é aí onde xorde a figura do community manager, unha profesional clave para xestionar a presenza en liña de marcas, negocios e empresas.
Estudo de Redes Sociais 2022: WhatsApp e Instagram son as preferidas e TikTok medra
A asociación de comunicación, publicidade e márketing dixital, IAB Spain, e a axencia Elogia presentaron o Estudio de Redes Sociales 2022, no que mostran a situación das plataformas en España. Os resultados volven a posicionar a WhatsApp como a mellor valorada e certifican o crecemento de TikTok.
WhatsApp integrará Workplace, a rede social empresarial de Meta
Múltiples plataformas convertíronse nunha ferramenta máis de traballo no día a día de moitos negocios coa pandemia. Así é que en 2022 WhatsApp integrará Workplace, unha rede social empresarial que pon en contacto directo aos empregados.
Publicidade con influencers: como está regulada?
Os influencers acadaron nos últimos anos un gran impacto entre os usuarios. Con millóns de seguidores, hai creadores de contido que chegan a máis persoas que programas en prime time, polo que as marcas buscan anunciarse a través deles.
Celebramos os días do community manager e da publicidade
Estamos en semana de celebración en VINCUSYS. Dúas partes esenciais no noso traballo diario como axencia de márketing conmemóranse case á vez. Este luns 24 de xaneiro é o Día do Community Manager e este martes 25 é o Día da Publicidade
Sabes que din do teu negocio nas redes sociais?
Día tras día somerxémonos nun gran océano de información. Formamos parte deste enorme fluxo de contidos, xa sexa coma consumidores ou xeradores. Na era do IOT (Internet das cousas), todos os dispositivos cos que interactuamos xeran datos que son volcados en Internet, mais debemos recordar que estes non son necesariamente información.
Twitch para empresas: como empregar esta rede social
Twitch é unha das redes sociais do momento, unha das que máis medra dende o seu bum en España a principios de 2020. Coñecemos esta plataforma en streaming especialmente polo seu contido de videoxogos, claramente maioritario no portal. De todos modos, emprégrase cada vez máis para todo tipo de temáticas.
Que pasa coas redes sociais no pequeno comercio?
Hoxe queremos facer unha reflexión sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio. A aparición e normalización destas plataformas a nivel internacional e de forma intersectorial trouxo múltiples vantaxes, pero tamén dificultades e inconvenientes. Non sempre os recursos tanto a nivel de tempo como de diñeiro son os óptimos para un negocio que non ten un gran tamaño, por iso hai que valorar os pros e os contras e ter sempre en conta ata onde se pode chegar. É mellor non estar en redes sociais que telas abandonadas.
Por que é importante xestionar ben as crises nas túas redes sociais?
Xestionar as redes sociais non sempre é sinxelo. Manter uns niveis altos de frecuencia de publicación pode ser un quebracabezas para moitos e esixe un volume de constancia moi alto. Canto falamos de xestionar redes sociais falamos tamén de xestionar crises.
O básico en publicidade para empresas
A pregunta do millón: Que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factores, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.
Vantaxes do storytelling para a túa empresa
Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.
Vantaxes e desvantaxes das redes sociais
Antes de lanzarse nas redes sociais, é importante coñecer e asegurarme do que se fai. Por iso deixamos unha serie de vantaxes e desvantaxes para coñecer a posibilidade e os riscos que conlevan, para axudarche a tomar a decisión máis correcta.
A importancia dun bo servizo de atención ao cliente
A propósito dun servizo que contratamos a outra empresa e a nosa experiencia co seu servizo de atención ao cliente escribimos hoxe este post en clave de márketing, pero baseándonos nunha experiencia persoal moi recente. O caso é que contratamos un servizo que non é tal e como nolo venderon nin a nivel de profesionalidade nin a nivel de atención. A nosa experiencia foi bastante negativa, tanto polo traballo que nos desenvolveron como polo servizo de atención ao cliente que nos deron ante as nosas queixas.
Como afecta á miña tenda física ter unha tenda on line?
Hoxe imos falar dun tema que preocupa a aqueles que están valorando lanzarse á aventura de montar unha tenda on line como apoio, crecemento ou incluso internacionalización da súa tenda física. Sempre se di que entre o negro e o branco hai centos de tonalidades intermedias. No caso do márketing on line tende a ser así. Será bo para a miña tenda física ter unha tenda on line? Como lle afectará?