A raíz da nosa entrada no sector inmobiliario, un sector que está vivindo un momento complicado os últimos anos, reafirmámonos no que sempre comentamos aos nosos clientes: “a túa empresa ten que ser diferente”.
Noticias
Son fiables as opinións en Facebook?
Recentemente tiven ocasión de ver un escarnio con forma de opinións en Facebook nunha páxina de negocio que nin sequera abriu as súas portas aínda. Como podes falar mal dun negocio que non che prestou servizo aínda?
Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?
O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.
Vantaxes do storytelling para a túa empresa
Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.
Os erros máis frecuentes en atención ao cliente
Hoxe quero falarvos dunha parte moi importante dentro do proceso de fidelización: os erros máis frecuentes en atención ao cliente. Resulta moi frustrante querer contactar cunha empresa polo motivo que sexa -no caso de ser unha queixa ou reclamación aínda máis- e que o proceso sexa lioso ou non recibas unha resposta axeitada. Ás veces quedas incluso sen resposta.
Por que debes ter unha estratexia de vídeo márketing?
Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou o noso ordenador. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e os consuminos cada vez máis, xa sexa para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.
“Quero escribir un bo artigo, pero non sei como comezar”: como escribir un bo artigo?
É bastante habitual querer escribir un bo artigo e atoparte dicíndote a ti mesmo esta frase, especialmente se non estás afeito ao boli e ao papel, por traballo ou afección. E, de súpeto, un motivo imperioso obrígache a escribir un artigo, unha nova, un contido. As ideas non flúen, tés un caos mental e comezas e borras as veces suficientes como para sentirte frustrado. Imos ordenar ese caos.
É importante analizar a nosa páxina web?
Moita xente pensa que o importante é ter unha páxina web porque se non a tés non es ninguén en Internet. Isto non é así, non podemos perder o rumbo.
Funciona a consultoría especializada para eventos sectoriais?
Con motivo da organización da xornada «Innovación UCGAL: Que e canto hai de novo?» (#InnovaciónUCGAL) apostamos pola consultoría especializada para eventos. Para iso contamos coa colaboración de Beatriz Noya, unha consultora externa especializada en I+D+i, á hora de seleccionar empresas e ponentes de grandes e pequenas empresas e organizacións que encaixaran cun evento sobre innovación en alimentación. Quixemos facer unha serie de reflexións, a modo de entrevista, que poidan axudaros á hora de apostar por este tipo de servizos para un evento de empresa.
Vantaxes e desvantaxes das redes sociais
Antes de lanzarse nas redes sociais, é importante coñecer e asegurarme do que se fai. Por iso deixamos unha serie de vantaxes e desvantaxes para coñecer a posibilidade e os riscos que conlevan, para axudarche a tomar a decisión máis correcta.
Consultoría de comunicación: necesítoa?
Consultoría de comunicación? A resposta é SI. Con maiúsculas. Para non perder tempo nin dar paos de cego, o mellor é ter claro que queremos facer e os motivos polos que optamos por esta vía. Un plan estratéxico de comunicación global para a túa empresa ten que estar ben pensado, calibrado e debe ser equilibrado. Por iso non é bo ir sen rumbo, perder enerxía, tempo e diñeiro en accións sen un sentido e unha dirección concretos.
Queres que os titulares do teu blog enganchen aos teus lectores?
Hoxe en día case todas as empresas con presenza on line teñen un blog. Un dos elementos máis importantes dos artigos do teu blog son os titulares. Deles dependerá que os lectores se enganchen ou non ao contido das túas publicacións.
Como evitar que unha crise on line prexudique á reputación da túa marca
Tiveches que afrontar algunha crítica dun dos usuarios da comuniidades que xestionas? Os trolls saen das súas mazmorras para publicar nas túas páxinas? Tanto se respondeches cun si a ambas preguntas como se a resposta é non pero temes que algo así poida sucederche, le con atención este artigo. Nel intentaremos axudarche para que este tipo de situacións non sexan parte do teu día a día na rede. Así poderás prever e resolver as posibles crises on line.
Tres claves para escribir artigos atractivos
Internet é, sen dúbida, un dos maiores avances tecnolóxicos en toda a historia da humanidade. Se estás lendo estas liñas significa que a rede forma parte do teu día a día. Como a través de Internet somos capaces de comunicar calquera tipo de información, é preciso coñecer as claves, que ten de diferente a escritura para a rede de redes. Para isto, propóñoche comparar a forma de escribir artigos atractivos para blog con, por exemplo, o modo de facelo na prensa tradicional. Non quero con este artigo entrar no debate de que medio é mellor, senón achegarte tres claves para que os teus artigos sexan cada vez máis atractivos e cheguen a máis lectores.
A linguaxe de Twitter
Se es novo en Twitter, o máis probable é que te sintas perdido, xa que este microblogging foi capaz de xerar a súa propia linguaxe. Palabras como...
Miguel Seoane, de Xurdir, fálanos de storytelling
Miguel Seoane é filólogo, cunha longa experiencia en coordinación, redacción e edición en prensa. Traballa tamén para o mundo editorial,...
Como relaxarse no traballo
Os expertos din que é bo parar cada dúas horas durante a xornada laboral. Propoñémosvos unha visita pola cunca do Amazonas... da man de Google...
O perfil do Community Manager
Muller de 25 a 40 anos con dotes para a comunicación, os medios e gran conversadora. Este é o perfil maioritario dos Community Managers de Estados...
Respecto polo xornalismo de calidade
Semella que cada vez o respecto pola profesión xornalística e as súas novas fórmulas —Social Media Management e Comunicación 2.0— decrece co paso do...
As 11 e as 23, as nosas «horas tuiteiras»
Brandchats, unha empresa de consultoría e integración de sistemas de información, fixo un estudo sobre as horas de maior tráfico en Twitter en...