As redes sociais convertéronse nunha das canles máis importantes para a comunicación directa entre as empresas e os seus clientes. Hoxe, ter presenza dixital non só é unha estratexia recomendada para as marcas, senón tamén unha necesidade.
Noticias
A importancia da ciberseguridade en redes sociais
Na era dixital, as redes sociais son unha ferramenta cómoda e atractiva coa que crear campañas publicitarias para o teu negocio, pero teñen perigos que non debes descoidar. Hoxe falámosche da importancia da ciberseguridade en redes sociais.
O potencial do vídeo márketing: que é e cales son os seus beneficios
O contido audiovisual está moi presente na nosa sociedade actual. Grazas a redes sociais, como YouTube ou TikTok, os vídeos popularizáronse en gran medida. Por iso, imos falar sobre que é o vídeo márketing e dos beneficios que pode achegar.
Que é Bluesky, a nova rede do creador de Twitter
Twitter ou X pasou durante o último ano por moitos cambios e polémicas. Esta situación deu lugar ao nacemento de alternativas que intentan ocupar o seu posto e, de feito, unha delas chegou da man do creador da rede do paxaro azul. Neste artigo, explicámosche que é Bluesky e como funciona.
Threads de Instagram: a nova alternativa a Twitter
No mundo das redes sociais, a competencia por captar a atención da xente é feroz. Twitter, dende a entrada de Elon Musk, está a pasar por un momento complicado. E, aproveitando a situación, Instagram lanzou a súa propia alternativa á app: Threads, que xa superou os 100 millóns de usuarios e promete seguir medrando. Por iso, ímosche contar que é exactamente esta nova rede.
Que é a verificación en dous pasos?
A túa seguridade na rede é moi importante. Por iso, neste artigo imos ensinarte que é a verificación en dous pasos, un método de identificación de usuario que aumenta a túa protección on line.
A importancia do deseño gráfico en redes sociais
Internet é unha ferramenta indispensable para darlle visibilidade aos nosos negocios. Por iso, temos que ter clara a importancia do deseño gráfico en redes sociais e como crear as mellores publicacións nos nosos perfís on line.
A importancia do deseño gráfico nas redes sociais
Internet é unha ferramenta indispensable para dar visibilidade aos nosos negocios. Por iso, debemos ter clara a importancia do deseño gráfico nas redes sociais e saber como crear as mellores publicacións nos nosos perfís on line.
Por que deberías empregar o botón flotante de WhatsApp na túa páxina web
Se tes unha empresa, o trato cun cliente é esencial. Por iso, neste artigo imos falar de por que deberías usar o botón flotante de WhatsApp na túa páxina web feita con WordPress, para axilizar enormemente a comunicación cos teus posibles compradores.
Malas prácticas en redes sociais que debes evitar
A día de hoxe, todo o mundo emprega algunha rede social. Por iso, se tes unha empresa é practicamente obrigatorio estar presente nelas creando contido. Iso si, moito coidado coas malas prácticas en redes sociais que hai que evitar a toda costa.
Que é BeReal e por que está de moda?
O ano pasado comezou a escalar en popularidade unha nova aplicación que cautivou ás novas xeracións. Pero, que é BeReal e por que chamou a atención de tantas persoas?
Estudo de Redes Sociais 2022: WhatsApp e Instagram son as preferidas e TikTok medra
A asociación de comunicación, publicidade e márketing dixital, IAB Spain, e a axencia Elogia presentaron o Estudio de Redes Sociales 2022, no que mostran a situación das plataformas en España. Os resultados volven a posicionar a WhatsApp como a mellor valorada e certifican o crecemento de TikTok.
Publicidade con influencers: como está regulada?
Os influencers acadaron nos últimos anos un gran impacto entre os usuarios. Con millóns de seguidores, hai creadores de contido que chegan a máis persoas que programas en prime time, polo que as marcas buscan anunciarse a través deles.
Sabes que din do teu negocio nas redes sociais?
Día tras día somerxémonos nun gran océano de información. Formamos parte deste enorme fluxo de contidos, xa sexa coma consumidores ou xeradores. Na era do IOT (Internet das cousas), todos os dispositivos cos que interactuamos xeran datos que son volcados en Internet, mais debemos recordar que estes non son necesariamente información.
Que é un chatbot e como pode axudar á túa empresa?
É moi probable que te atoparas cun bot conversacional algunha vez e incluso interactuaras con el. Entón, xa tes unha idea do que é un chatbot e para que serve.
Pasos para crear campañas exitosas de publicidade para a túa empresa
Nos últimos anos, deseñar campañas de publicidade para empresas volveuse cada vez máis difícil, xa que hai múltiples formas de facer publicidade e cada modelo de negocio require de formatos diferentes.
10 anos como axencia de márketing en Galicia pedíannos un rebranding!
Este 2021 cumprimos 10 anos como axencia de márketing en Galicia, moi agradecidos ás empresas que confiastes en nós dende Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e o resto da nosa marabillosa comunidade autónoma, mais tamén dende Madrid, Barcelona e o País Vasco, onde contamos tamén co cariño duns cantos.
Son fiables as opinións en Facebook?
Recentemente tiven ocasión de ver un escarnio con forma de opinións en Facebook nunha páxina de negocio que nin sequera abriu as súas portas aínda. Como podes falar mal dun negocio que non che prestou servizo aínda?
Vantaxes do storytelling para a túa empresa
Jaime Cacharrón, director europeo de márketing de Redbull, sostén que “para entender o presente e predicir o futuro, é preciso coñecer o pasado”. Isto é así, xa que dende sempre os humanos relacionáronse dunha forma básica, baseada nunha comunicación sinxela: contar historias. A continuación, explicaremos as vantaxes do storytelling para a túa empresa.
Principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018
Damos a benvida ao 2018, un ano que virá con grandes novidades e no que os que nos dedicamos ao márketing dixital teremos que seguir actualizándonos. Repasaremos as principais tendencias en márketing dixital e deseño web 2018. A tecnoloxía e os usuarios seguirán sendo protagonistas este ano.
Vantaxes e desvantaxes das redes sociais
Antes de lanzarse nas redes sociais, é importante coñecer e asegurarme do que se fai. Por iso deixamos unha serie de vantaxes e desvantaxes para coñecer a posibilidade e os riscos que conlevan, para axudarche a tomar a decisión máis correcta.