Hoxe queremos falar de algo moi importante en calquera traballo: a optimización do tempo. É moi sinxelo pasarse o día diante do ordenador, facendo recados e chegar agotado a casa coa sensación de ter moito traballo por rematar e de non ter feito nada. Ladróns de tempo disfrazados de múltiples formas.
Noticias
Vendo produtos ou servizos: que leis de consumo teño que cumprir?
Decides montar un negocio pola túa conta, ser emprendedor en tempo de crise e atópaste con que non sabes nin por onde comezar en materia legal. Non te preocupes, imos axudarche coas leis de consumo que debes cumprir. A continuación compartimos contigo unhas pinceladas básicas para que nunca olvides ao consumidor, ese en que te convertes cando sales do teu propio negocio e ao que debes mimar porque é o que che vai dar de comer.
Son emprendedor: que aspectos legais non debo esquecer?
Se te vas embarcar no proceloso mundo legal do emprendedor, antes de que te lances á aventura debes ter en conta moitas cousas que poden parecer obvias. Cremos que temos todo controlado. Seguro? Imos a velo…
Por que deixar a comunicación corporativa en mans profesionais?
Vivimos na era do “todo comunica”. Dende a cor do papel que usas para dirixirte por carta aos teus clientes ata os chíos que firma a túa empresa: todo forma parte da túa comunicación corporativa. A continuación, explicámosche algunhas das vantaxes de deixar en mans de profesionais a comunicación da túa empresa.
Claves para unha campaña de e-mail márketing efectiva
Nun post anterior falábamos de algunhas das vantaxes das campañas de e-mail márketing pero, cal é a fórmula para construir unha newsletter atractiva que aumente as túas posibilidades de éxito? Pois ben, din que sobre gustos non hai nada escrito e pode que na rede menos. Aínda así, se tes en conta os seguintes consellos á hora de deseñar as túas campañas de e-mail márketing os destinatarios atoparanas máis atractivas.
Por que apostar polo e-mail márketing?
Que medios tendes a empregar para captar novos clientes? Sigues empregando vías como o buzoneo, o porta por porta ou os medios tradicionais? Se respondeches cun si á segunda pregunta é porque non coñeces o e-mail márketing, unha forma sinxela e cómoda.
Queres que os titulares do teu blog enganchen aos teus lectores?
Hoxe en día case todas as empresas con presenza on line teñen un blog. Un dos elementos máis importantes dos artigos do teu blog son os titulares. Deles dependerá que os lectores se enganchen ou non ao contido das túas publicacións.
Como evitar que unha crise on line prexudique á reputación da túa marca
Tiveches que afrontar algunha crítica dun dos usuarios da comuniidades que xestionas? Os trolls saen das súas mazmorras para publicar nas túas páxinas? Tanto se respondeches cun si a ambas preguntas como se a resposta é non pero temes que algo así poida sucederche, le con atención este artigo. Nel intentaremos axudarche para que este tipo de situacións non sexan parte do teu día a día na rede. Así poderás prever e resolver as posibles crises on line.
Tres claves para escribir artigos atractivos
Internet é, sen dúbida, un dos maiores avances tecnolóxicos en toda a historia da humanidade. Se estás lendo estas liñas significa que a rede forma parte do teu día a día. Como a través de Internet somos capaces de comunicar calquera tipo de información, é preciso coñecer as claves, que ten de diferente a escritura para a rede de redes. Para isto, propóñoche comparar a forma de escribir artigos atractivos para blog con, por exemplo, o modo de facelo na prensa tradicional. Non quero con este artigo entrar no debate de que medio é mellor, senón achegarte tres claves para que os teus artigos sexan cada vez máis atractivos e cheguen a máis lectores.
Miguel Seoane, de Xurdir, fálanos de storytelling
Miguel Seoane é filólogo, cunha longa experiencia en coordinación, redacción e edición en prensa. Traballa tamén para o mundo editorial,...
Entrevistamos a Buenafuente, Corbacho e Berto
Milano Cocktail-Bar é un local elegante do centro de Barcelona. Baixar as súas escaleiras, transporta aos anos 40. Dende as 12 da mañá comparten...