Noticias

Márketing
A importancia da figura do communnity manager no teu negocio

A importancia da figura do communnity manager no teu negocio

Vivimos nun mundo completamente dixitalizado, onde as redes sociais xogan un papel fundamental nas nosas vidas persoais e profesionais. Do mesmo xeito, o márketing integrouse profundamente na nosa rutina diaria, e é aí onde xorde a figura do community manager, unha profesional clave para xestionar a presenza en liña de marcas, negocios e empresas.

O auxe do minimalismo en deseño gráfico

O auxe do minimalismo en deseño gráfico

O deseño gráfico é unha disciplina en constante evolución que está influenciada polos cambios na nosa sociedade. Unha das tendencias máis duradeiras neste campo é a do minimalismo. A primeira vista, pode semellar unha forma sinxela de deseño. Porén, a súa filosofía é moito máis profunda e complexa.

Que é un call to action?

Que é un call to action?

A atención dos usuarios cada vez está máis dispersa. Se queres persuadilos para conseguir un obxectivo concreto, podes usar os chamados ‘call to action’, elementos esenciais no márketing dixital actual. Neste post, contámosche que é un call to action e cal é a súa importancia.

O poder do storytelling na comunicación da túa empresa

O poder do storytelling na comunicación da túa empresa

No vertixinoso mundo da comunicación empresarial, onde captar a atención da xente é imprescindible, a capacidade de contar historias que enganchen converteuse nun elemento clave para destacar. Neste post, imos explorar o poder so storytelling e como pode transformar a percepción dunha marca.

Que é o inbound márketing?

Que é o inbound márketing?

Neste mundo cada vez máis dixital e conectado, o márketing tradicional xa non é suficiente para chamar a atención. Se tes unha, coñecer as últimas tendencias do márketing e da comunicación é esencial para acada o éxito. Por iso, neste artigo imos explicar que é o inbound márketing e cales son os seus beneficios.

Copywriting: que é e como marca a diferencia

Copywriting: que é e como marca a diferencia

A persuasión é un factor clave no mundo da publicidade. Debes saber como enganchar aos teus posibles clientes a través de campañas e anuncios chamativos para destacar. E non so a nivel visual, tamén debes saber como redactar textos atractivos que vendan por si sós. Aquí, falarémoste do copywriting, que é e como pode marcar a diferencia.

O fascinante poder do neuromárketing, a técnica que estuda a mente dos teus clientes

O fascinante poder do neuromárketing, a técnica que estuda a mente dos teus clientes

No mundo do márketing, coñecer como funciona a mente do consumidor é moi importante. Cuestións como saber por que unha persoa toma unha decisión ou outra, por que elixe unha marca ou como reacciona a certos anuncios son aspectos que merece a pena investigar para crear campañas xeitosas. De aquí nace o neuromárketing, unha disciplina que estuda a mente dos teus clientes.

A importancia de ter unha páxina web na era dixital

A importancia de ter unha páxina web na era dixital

Vivimos na era dixital. Por iso, ter unha presenza en liña sólida é esencial para o éxito de calquera negocio. Un sitio web ben deseñado e funcional non só é un escaparate virtual, senón unha ferramenta estratéxica que pode impulsar ao crecemento da túa marca. Imos explorar a importancia de ter unha páxina web.

A influencia da xeración Z no márketing

A influencia da xeración Z no márketing

Vivimos nun mundo cambiante, no que as estratexias de márketing e publicidade evolucionan constantemente. Unha das razóns desta transformación é a chamada xeración Z, formada por nativos dixitais que están a romper coas dinámicas que coñeciamos ata agora.

Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas

Twitter Blue para empresas: cambios e polémicas

Dende que Elon Musk comprou Twitter, a coñecida rede social experimentou moitas transformacións, tanto para usuarios, como para marcas e anunciantes. O máis significativo é o da creación dun novo servizo de subscrición que a transformou completamente. Por iso, neste post ímosche contar que cambios trae Twitter Blue e as polémicas que o rodean.

Aprende a usar TikTok con TikTok Academy

Aprende a usar TikTok con TikTok Academy

Ter presenza en redes sociais é unha obrigación para as empresas de hoxe en día e deben saber como utilizar as máis populares, para sacar o maior proveito. Con esta idea en mente, apareceu TikTok Academy, unha plataforma para aprender a usar TikTok pensada para marcas. 

Para que serve a analítica web?

Para que serve a analítica web?

A medición de datos é a clave do teu negocio. Coñecer en números como está funcionando a túa empresa sérveche para mellorar. Na actualidade, Internet permite saber moitos datos que son de gran valor, así que no post de hoxe contámosche para que serve a analítica web.

Publicidade con influencers: como está regulada?

Publicidade con influencers: como está regulada?

Os influencers acadaron nos últimos anos un gran impacto entre os usuarios. Con millóns de seguidores, hai creadores de contido que chegan a máis persoas que programas en prime time, polo que as marcas buscan anunciarse a través deles.