O márketing verde, tamén coñecido como marketing ecolóxico ou sostible, é unha forma de comunicación que usan as empresas para amosar o seu compromiso co medio ambiente.
Noticias
Deseño no merchandising: a arte de comunicar máis aló do obxecto
Nunha contorna onde captar a atención do consumidor é cada vez máis difícil, o deseño de merchandising evolucionou radicalmente. Lonxe de ser un simple obxecto promocional cun logotipo impreso, hoxe o merchandising representa unha ferramenta clave de comunicación e de construción de marca.
Alternativas tecnolóxicas europeas a EE. UU.
Europa está a tomar medidas para reducir a súa dependencia das grandes tecnolóxicas de Estados Unidos, como Google, Amazon, Microsoft e Apple. Nun contexto global cada vez máis dividido, a Unión Europea busca reforzar a súa soberanía dixital, desenvolvendo alternativas locais que permitan á rexión ter maior control sobre a súa infraestrutura tecnolóxica.
A importancia dos valores corporativos dunha empresa
Os valores corporativos dunha empresa son os principios que guían todas as accións e decisións dentro da mesma e van moito máis alá de simples...
Como crear contido visual atractivo para a túa marca
As redes sociais convertéronse nunha das ferramentas máis poderosas para que as marcas cheguen ao seu público obxectivo. Con todo, para destacar entre a multitude de publicacións que asolagan estas plataformas, é esencial crear contido visual que non só chame a atención, senón que tamén comunique de maneira efectiva a mensaxe da marca.
Medir o impacto das redes sociais da túa empresa
As redes sociais convertéronse nunha das canles máis importantes para a comunicación directa entre as empresas e os seus clientes. Hoxe, ter presenza dixital non só é unha estratexia recomendada para as marcas, senón tamén unha necesidade.
A importancia da figura do communnity manager no teu negocio
Vivimos nun mundo completamente dixitalizado, onde as redes sociais xogan un papel fundamental nas nosas vidas persoais e profesionais. Do mesmo xeito, o márketing integrouse profundamente na nosa rutina diaria, e é aí onde xorde a figura do community manager, unha profesional clave para xestionar a presenza en liña de marcas, negocios e empresas.
TikTok despídese dos Estados Unidos: as claves da súa saída e posible salvación
TikTok ten os días contados nos Estados Unidos. O país norteamericano prohibirá o uso da app a partir do 19 de xaneiro e deixará aos 170 millóns de usuarios estadounidenses sen acceso. Un cambio radical no panorama dixital que supón un duro golpe para a rede social.
Minimalismo ou maximalismo: cal será o futuro do deseño?
O aspecto visual das marcas ten un gran papel no seu éxito. Neste mundo dixitalizado e saturado, a aparencia é a forma de chamar a atención e destacar por enriba do resto, polo que a importancia do deseño gráfico subiu como a espuma. Durante os últimos anos, dúas correntes estéticas gañaron protagonismo neste escenario: o minimalismo e o maximalismo.
O planificador de palabras clave de Google: unha ferramenta para coñecer aos teus potenciais clientes
No mundo dixital, o tráfico e a visibilidade do teu anuncio son claves para o éxito. O planificador de palabras clave de Google é unha ferramenta fundamental para saber que busca o teu público.
Nove sinais para saber cando debes redeseñar unha páxina web
A contorna dixital está en constante evolución e o teu sitio web debe adaptarse para non quedar atrás. Moitas empresas pasan por alto o momento no que hai que avanzar e deixan que as súas páxinas se volvan obsoletas. Pero, como sabes se necesitas un lavado de imaxe? A continuación, dámosche algúns sinais claros para que saibas cando debes redeseñar a túa páxina web.
Bluesky gaña millóns de usuarios tras a fuga masiva de X
, antigo Twitter, está nunha fase de decadencia. Dende que Elon Musk comprou a rede social, non parou de meterse en polémica tras polémica. Todo isto causou un éxodo masivo de usuarios a súa competencia, Bluesky, que disparou o seu número de contas en tan só unhas semanas.
Un novo estudo proba que a publicidade inclusiva mellora as vendas
A publicidade inclusiva ten cada vez máis importancia nas estratexias de márketing.O estudo da Unstereotype Alliance, unha iniciativa impulsada pola ONU Mulleres, demostrou que os anuncios inclusivos teñen un impacto positivo nas vendas, a rentabilidade e no valor das marcas que os implementan.
A inversión en márketing en 2023 aumenta por terceiro ano consecutivo
A inversión en márketing en España o pasado 2023 aumentou en relación aos tres anos anteriores, tal e como revelou o Estudo AMES (Análise do Impacto Económico do Márketing en España) realizado pola Asociación de Márketing de España (AMKT) e InfoAdex.
Estudo de ecommerce en España 2024: un programa estable e con novos retos
O comercio electrónico en España continúa a súa expansión, como revela o ‘Estudo de Ecommerce 2024’ elaborado por IAB Spain. Este informe reflicte o estado actual do cibercomcercio na actualidade, a súa evolución e as futuras tendencias que marcarán o futuro das compras en liña no noso país.
Optimiza o acceso á túa información dende móbil cunha webapp
Desenvolvemos weapps para aqueles clientes que precisan facilitar unha información concreta aos seus clientes, como é o caso da carta dun restaurante ou o programa dun evento ou congreso.
A proporción áurea: unha figura clave no deseño gráfico
No mundo do deseño gráfico, existen principios que perduraron ao longo do tempo e que son relevantes hoxe en día. Un deles é a proporción áurea, unha ferramenta que pode mellorar a harmonía visual.
A facturación electrónica será obrigatoria en España
As facturas tradicionais están a punto de cambiar por completo. O Goberno de España fará que a facturación electrónica sexa obrigatoria para as empresas e os profesionais que operen no país. Esta medida está enmarcada dentro da Lei 18/2022 de Creación e Crecemento de Empresas e emitirá sancións aos que a incumpran.
Como xestionar os teus enderezos electrónicos despois das túas vacacións
A volta das vacacións é un momento temido por moitos. Tras un merecido descanso, volver á rutina pode custar e máis se che tes que enfrontar a unha lista interminable de mensaxes pendentes de resposta. Por iso, neste artigo exploraremos estratexias que podes seguir para xestionar os teus enderezos electrónicos despois das túas vacacións.
Que é TikTok Ads Manager e como beneficia ao teu negocio
TikTok tomou ao mundo por sorpresa. A aplicación china non parou de medrar. Con tantos usuarios, non é de estrañar que as marcas busquen formas de aproveitar esta plataforma para chegar a novas audiencias. Aquí entra en xogo TikTok Ads Manager, a ferramenta que permite organizar campañas publicitarias.
Solicita as axudas do Kit Consulting
O Kit Consulting é un programa de axudas do Goberno de España, impulsado por Red.es, dirixido a pymes para que poidan contratar servizos de asesoramento dixital especializado e comezar a súa transformación.
Estas son as novidades de Instagram: unha nova métrica e carruseis máis grandes
Instagram desvelou novidades dirixidas a axudar aos creadores de contido. A rede social creou unha nova métrica, as ‘views’ ou visualizacións, que será clave para medir as estadísticas das publicacións. Ademais, ampliaron o límite de arquivos que se poden usar nos carruseis.
VINCUSYS colabora de novo co festival Feito a Man
Na nosa axencia temos un firme compromiso coa cultura e o ocio da nosa localidade. Por iso, este ano colaboramos de novo co festival de música Feito a Man, que se celebra en Santiago de Compostela.
A evolución do deseño web: dende as súas orixes ata hoxe
O deseño web percorreu un longo camiño dende os seus comezos alá polos anos 90. As primeiras páxinas, que eran estáticas e empregaban só texto, deron paso a outras dinámicas, interactivas e nas que o atractivo visual ocupa un papel central. Neste artigo contarémosche a evolución do deseño web.























