As redes sociais convertéronse nunha das canles máis importantes para a comunicación directa entre as empresas e os seus clientes. Hoxe, ter presenza dixital non só é unha estratexia recomendada para as marcas, senón tamén unha necesidade.
Noticias
A importancia da figura do communnity manager no teu negocio
Vivimos nun mundo completamente dixitalizado, onde as redes sociais xogan un papel fundamental nas nosas vidas persoais e profesionais. Do mesmo xeito, o márketing integrouse profundamente na nosa rutina diaria, e é aí onde xorde a figura do community manager, unha profesional clave para xestionar a presenza en liña de marcas, negocios e empresas.
Red.es abre a segunda convocatoria de axudas e amplía o prazo do primeiro tramo do Kit Dixital
A entidade pública Red.es acaba de abrir o segundo segmento de axudas dentro do programa Kit Digital. Esta convocatoria, que conta cun orzamento inicial de 500 millóns de euros, está destinada á dixitalización de empresas de entre 3 e 9 empregados.
Visita a nosa páxina de erro! (Só desde ordenador)
Parece mentira que, como axencia de márketing e tecnoloxía, esteamos facendo un chamamento para que visites a nosa páxina de erro, pero así é....
A importancia de investir en márketing en períodos de crise
As épocas de retroceso económico, recesión ou crise financeira poden supoñer unha oportunidade para reforzar a presenza dunha empresa, a pesar de...
VINCUSYS, partner de márketing do III Congreso Inmobiliario de Galicia
Xa rematado o III Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN), podemos confirmar un ano máis o éxito do evento. Centos de profesionais nacionais e internacionais participaron na cita para debater, aprender e coñecer as novidades do sector.
Celebramos o primeiro aniversario de VINCUSYS e presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET
O un de abril cumprimos un ano! O pasado venres celebramos o noso primeiro aniversario tras o rebranding nun evento con clientes, familiares e amigos e no que tamén presentamos a nosa nova plataforma, VINCUTICKET.
Somos Axentes Dixitalizadores do programa Kit Dixital!
A dixitalización do teu negocio pode sairche gratis con VINCUSYS grazas ás axudas do Goberno a través dos fondos europeos Next Generation EU. Estas subvencións do programa Kit Digital teñen como obxectivo axudar aos negocios a mellorar os seus procesos internos ou a súa presenza en Internet.
Kit Dixital: que é e como o solicito?
O programa Kit Digital consiste nunha serie de axudas financiadas pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU para apoiar a Pemes e autónomos no proceso de dixitalización dos seus proxectos.
Definir o teu público obxectivo é vital para unha boa comunicación
Á hora de preparar a comunicación e o márketing da túa empresa hai moitas cousas que terás que ter en conta, pero definir o teu público obxectivo é unha das primordiais, por non dicir a que máis.
Que é o rebranding e cando debo empregalo?
O rebranding consiste nunha modificación da imaxe dunha marca para conseguir uns obxectivos concretos. Supón un cambio nos elementos que identifican un negocio, polo que é unha acción estratéxica con moitas implicacións sobre a súa comunicación.
Cal será a evolución do e-commerce en 2022?
Falamos moito sobre os novos hábitos que adoptamos durante a pandemia por covid-19. A realidade é que o consumo on line foi clave estes dous anos e os cidadáns admiten que esperan manter estas costumes.
As vantaxes de empregar infografías en márketing
A infografía é un instrumento baseado no deseño gráfico moi efectivo para trasladar unha mensaxe. As infografías en márketing permiten transmitir o que queremos dunha forma concisa, visual e que chama a atención do consumidor, polo que son aliadas moi úteis.
Celebramos os días do community manager e da publicidade
Estamos en semana de celebración en VINCUSYS. Dúas partes esenciais no noso traballo diario como axencia de márketing conmemóranse case á vez. Este luns 24 de xaneiro é o Día do Community Manager e este martes 25 é o Día da Publicidade
A Xunta presenta novas axudas a autónomos e PEMES para apoiar accións de márketing
A Xunta de Galicia presentou novas axudas para autónomos e PEMES para o impulso de plans estratéxico de negocio, de márketing, de comunicación e de transformación dixital, así como a compra de páxinas web, entre outras liñas de actuación. O prazo para pedilas abre o venres 14 de xaneiro e pecha o 14 de febreiro.
Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?
O branded content é unha estratexia de márketing que busca crear contidos que unan ao consumidor coa marca dunha forma creativa. A pesar de que o termo pode que non che sone, seguro que coñeces moitos anuncios que aplican os seus preceptos. Aquí che explicamos de forma máis concreta que é o branded content para que descubras se che pode ser útil.
Estratexias de márketing para o Black Friday
Os descontos en produtos son un claro beneficio para o comprador, pero tamén o son para a empresa. Etapas de rebaixas coma o Black Friday serven ó teu negocio para que novos clientes aposten por el. Por isto, un debe preparar ben todo o necesario para sacarlle o máximo proveito a este día. Neste artigo axudámosche con algunhas estratexias de márketing para o Black Friday deste 2021.
Que é o SEO e por que é necesario?
Para os que nos preguntades que é o SEO, contámosvos para comezar que é o acrónimo en inglés de Search Engine Optimization (optimización para motores de busca). Cando falamos de SEO, entendemos por este mellorar o posicionamento ou optimización dunha web para os motores de busca. O fin é mellorar a visibilidade da web nos resultados orgánicos de diferentes buscadores.
7 pilares da estratexia de márketing dixital
Se nos paramos a observar o panorama tecnolóxico actual, é preciso para calquera empresa ou marca ter unha estratexia de márketing dixital sólida, xa que o éxito de calquera negocio está vinculado á elección dunha estratexia correcta conducindo á consecución de máis vendas e novos clientes.
Que tes que facer para diferenciarte coa túa marca persoal?
O noso aspecto, a forma que temos de relacionarnos cos nosos familiares e amigos, as mensaxes que transmitimos, os nosos xestos e comportamentos… fan que de maneira indirecta as persoas teñan unha percepción sobre nós. Por iso é importante diferenciarte coa túa marca persoal.
Necesito unha consultoría estratéxica para o meu plan de márketing?
A propósito da xornada Innovación alimentaria: Que e canto hai de novo?, #InnovaciónUCGAL, que organizamos xunto coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) este venres 6 en Santiago de Compostela, puidemos falar con Esther Vázquez, a primeira poñente do evento.
Mentiras sobre e-commerce: teño unha tenda on line, por que non consigo vender?
Esta é unha das eternas preguntas ás que se enfrontan as empresas que deciden crear unha tenda on line e apostar pola venda dos seus produtos a través de Internet. Pero os erros que se cometen tenden a ser iguais ou semellantes e algúns deles fáciles de solventar. Basta con traballar como unha formiga -inagotable e a diario- para que os resultados se vexan a medio prazo.
Que ten que facer a miña axencia de márketing pola miña empresa?
Non é tarefa sinxela escoller a axencia de márketing á que encomendar algo tan importante como a comunicación, a imaxe corporativa e a reputación on e off line dunha empresa. Para comezar á maioría de empresarios se lles escapan as dificultades da comunicación, a publicidade dixital e o novo márketing, especialmente cando se trata de deseñar unha campaña on line.