Noticias

Publicidade
Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?

Que é o branded content e que pode aportar á túa marca?

O branded content é unha estratexia de márketing que busca crear contidos que unan ao consumidor coa marca dunha forma creativa. A pesar de que o termo pode que non che sone, seguro que coñeces moitos anuncios que aplican os seus preceptos. Aquí che explicamos de forma máis concreta que é o branded content para que descubras se che pode ser útil.

Twitch para empresas: como empregar esta rede social

Twitch para empresas: como empregar esta rede social

Twitch é unha das redes sociais do momento, unha das que máis medra dende o seu bum en España a principios de 2020. Coñecemos esta plataforma en streaming especialmente polo seu contido de videoxogos, claramente maioritario no portal. De todos modos, emprégrase cada vez máis para todo tipo de temáticas.

Estratexias de márketing para o Black Friday

Estratexias de márketing para o Black Friday

Os descontos en produtos son un claro beneficio para o comprador, pero tamén o son para a empresa. Etapas de rebaixas coma o Black Friday serven ó teu negocio para que novos clientes aposten por el. Por isto, un debe preparar ben todo o necesario para sacarlle o máximo proveito a este día. Neste artigo axudámosche con algunhas estratexias de márketing para o Black Friday deste 2021.

Ter unha boa estratexia de márketing ou morrer

Ter unha boa estratexia de márketing ou morrer

Esta semana estivemos comentando na oficina casos próximos de empresas que non souberon ver a importancia literalmente vital de ter unha boa estratexia de márketing. Literalmente vital? Si, 100%, porque non tela leva a medrar e caer estrepitosamente ou, case peor, a non medrar nunca.

Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?

Por que a túa empresa precisa apostar por Google My Business?

Hoxe en día se tes un negocio é de vital importancia contar cunha presenza coidada en Internet, tanto a nivel web como de redes ou de Google My Business, independientemente de se tes unha compañía de gran tamaño, unha pyme, un comercio pequeno, etc. E digo “coidada” porque se eres visible en Internet existe a posibilidade de obter malas recensións ou comentarios e que a túa imaxe se vexa comprometida. Por este motivo é importante estar na web e coidar a túa imaxe, do mesmo xeito que mantés en bo estado a túa tenda física ou o teu escaparate.

Como empregar a psicoloxía da cor en márketing

Como empregar a psicoloxía da cor en márketing

A psicoloxía da cor fai referencia ó estudo das cores e as diferentes sensacións que estas nos fan sentir. Se pensamos en cores cálidas, coma en vermello ou en laranxa, podemos evocar sensacións tan dispares coma calidez ou enfado. Mentres que, se falamos de cores frías, coma o azul ou verde, poderemos sentir tristeza ou calma.

7 pilares da estratexia de márketing dixital

7 pilares da estratexia de márketing dixital

Se nos paramos a observar o panorama tecnolóxico actual, é preciso para calquera empresa ou marca ter unha estratexia de márketing dixital sólida, xa que o éxito de calquera negocio está vinculado á elección dunha estratexia correcta conducindo á consecución de máis vendas e novos clientes.

8 razóns polas que confiar nunha axencia de márketing

8 razóns polas que confiar nunha axencia de márketing

De acordo co “Estudio eCommerce 2020” publicado por IAB Spain, o 72% da poboación española comprou on line en 2020. Isto disparou o comercio on line e provocou que o 93% dos compradores busquen información on line antes de realizar unha compra tanto on line como off line.

10 anos como axencia de márketing en Galicia pedíannos un rebranding!

10 anos como axencia de márketing en Galicia pedíannos un rebranding!

Este 2021 cumprimos 10 anos como axencia de márketing en Galicia, moi agradecidos ás empresas que confiastes en nós dende Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e o resto da nosa marabillosa comunidade autónoma, mais tamén dende Madrid, Barcelona e o País Vasco, onde contamos tamén co cariño duns cantos.

A importancia da identidade de marca

A importancia da identidade de marca

Cada marca é diferente. Isto é un feito. Unha marca non é soamente un logotipo, unha marca é todo o que hai detrás: os traballadores, os produtos, os servizos e os valores que ten. Agora ben, a identidade de marca é todo aquilo polo que os teus consumidores che van recoñecer. Isto inclúe aspectos como o ton que empregas cando comunicas os conceptos que queres expresar, as mensaxes que transmites, os valores da túa marca e as emocións que provocas nos teus clientes cando interactúan coa túa marca.

7 utilidades dos anuncios de Facebook

7 utilidades dos anuncios de Facebook

A primeira plataforma de anuncios que tivo Facebook, antes de denominarse Facebook Ads, chamábase “Flyers”. Naceu no ano 2004 e consistía nun banner situado na páxina principal que custaba entre 10 e 40 dólares por día.

Por que é clave o deseño web?

Por que é clave o deseño web?

Moitos negocios seguen tendo dúbidas sobre se crer ou non no deseño web para as súas marcas. Internet converteuse na nosa principal fonte de información, por iso a presenza das marcas nela é tan importante.

Vídeo márketing ou imaxes: que ten máis éxito en Facebook?

Vídeo márketing ou imaxes: que ten máis éxito en Facebook?

Vídeo márketing é unha das palabras de moda da industria e, por suposto, estamos de acordo en que o vídeo márketing é unha ferramenta inestimable cando se trata de atraer ao teu público, compartir historias e información, promocionar produtos e servizos, despertar interese, etc… e acadar o éxito en Facebook.

5 ferramentas de Google útiles para buscar palabras clave

5 ferramentas de Google útiles para buscar palabras clave

Se estamos intentando saber que palabras clave son as que máis se adaptan á nosa páxina web, o máis probable é que botáramos un vistazo a algúns dos nosos competidores para ver que palabras ou frases empregan como keywords. Pero seguramente nos xurda unha pregunta, como podemos atopar esta información dunha forma máis rápida, sinxela e gratuita?